BANCO DE PALABRAS

Lista de palabras usadas so en Oimbra (creo). Si coñecedes algunha mandadea por e-mail a dirección que aparece na portada.Si coñecedes algún dito ou refran curioso ou simpático, ou esa frase que "marcou época", mandádeos. Necesitamos unha lista longa.

(andar) Danado : andar desesperado.

Aberta: cuneta.

Abouxar: facer  moito ruido, deixar medio xordo.

Acadouxar: facer grumos.

Acugular: amorear, xuntar facendo un monton alto.

Amolar: fastidiar.

Ananeiro: neno traste. Trasfego.

Antronte: antonte. Antes de onte.

Arnela: persoa delgada, débil,floxa.

Arrán: rá.

Barleiro: cesto baixo de goma.

Bátiga: choiva intensa e corta.

Beceira: rebaño, xeralmente de chivas pertenecentes a varios veciños e que botaban ó monte facendo turnos.

Bimbarreira: pendiente moi pronunciada.

Binchoca: bocha, bulto.

Bochada: parte do porco coa que se fan os chourizos gordos (pulmóns, corazón…).

Buxiga: vexiga.

Cachoeira: parte dun río ou regato no que hai moita corriente.

Cadavullo: parte dunha finca que hai que traballar a man, porque debido a sua         situacion, normalmente nas testeiras, fai dificil que se se traballen por                       medios mecánicos ou animáis.

Caravela: comida que se levaba para o monte ou o camiño.

Careco: calvo.

Chafaril: fonte, pilo.

Chafurdias: chapuceiro.

Chinicar: tocar, rozar.

Churrupiar: sorber un líquido pouco a pouco e facendo algo de ruido.

Cichar: lanzar un líquido a chorro.

Cirrichar: cichar.

Ciscarse: andar descomposto.

Cobelleiro: col, berza con un pé alto e forte.

Coza: ganar por moita diferencia nun xogo. Rañete. (Metémoslle 10-2, menuda coza).

Despoixa: despois.

Enfastiado: farto, empachado.

Enfunilado: con cara de poucos amigos, enfadado…

Ernuzo: persoa pouco cuidadosa especialmente ca roupa.

Escachalamondrado: estropeado,roto, desfeito.

Escoar: escurrir, quitarlle a auga as patacas cocidas.

Escousar: secar, agotar a auga dunha fonte ou regato.

Estremar: limpar e darlle a volta as tripas do porco para deixalas listas para os chourizos.

Fatón: ameixa bravía.

Foleca: paxariño pequeño, de puco porte. Persoa endeble.

Funil: especie de embudo que se usa para enche-los chourizos.

Futrica: parte da agricultura que se dedica o tema da horta e plantas: cebolo, berza, pementos, tomates etc..

Galbana: preguiza (perguiza)

Guincha: ferramenta agrícola parecida a unha aixada, pero con catro dentes largos,   que se usaba principalmente para arranca-las patacas.

Inxeitar: abandoar un paxaro o niño cando detecta que foi manipulado polo ser humano.

Mochicarse: enfadarse por pouca cousa.

Mochicoso: que se mochica con facilidade.

Marza: rá (arrán) que empeza a cantar cedo (por marzo).

Nino: niño. Nido.

Mazcotar: mezclar.

Parreco: pato.

Piroca: pirola.

Rañete: coza.

Rechava: sobreancho que ten en algún punto unha finca.

Ripar: arrancar os graos do millo.

Sorreira: especie de pasadizo ou espacio que quedaba entre as paredes de dúas casas.

Taloura: pau ou pola dunha árbore larga. Ramo moi grande que levaban os rapaces o domingo de Ramos.

Trasfego: traste. Ananeiro.

Xurupía: bebida alcólica feita cortando a fermentación do viño branco con augardente. (mosto+augardente)

Zapar: tapar.

Zarabeto: que pronuncia mal certas palabras

Zorete: sin rabo. Anuro

 

DITOS:

Chover a catorce: chover moito. (Autor: Mindo.)

Que ¿rende?. Si, a fanega a cinco tegas.(resposta popular) 

Eso fánvolo ver a vós: é mentira (Autor: Canuta)

Randéalle a virgen: manda carallo, ten cojones a cousa... (popular)

Ahora cúcalla ó Vicente: agora xa non hai remedio (popular).

Imbéciles van, imbéciles vienen. (Autor: Pablo Pérez, o día das trastadas(noite de San Pedro) cando vía ós mozos escapando cos carros que había polas calles. Tradición que se perdeu, por certo.) Pablo Pérez era o Sr Pablo, non o fillo do Beto.